Así é a programación das bibliotecas de Culleredo no mes das Letras Galegas

ACoruñaXa
A ampla programación comezou o pasado 2 de maio con ‘O gran xogo das Letras Galegas’, unha actividade para nenas e nenos a partir de 6 anos
Imaxe da Dragona Ramona
Imaxe da Dragona Ramona
6 may 2024

As Bibliotecas de Culleredo conmemoran este mes das Letras Galegas con xogos, talleres e contos. A ampla programación comezou o pasado 2 de maio con ‘O gran xogo das Letras Galegas’, unha actividade para nenas e nenos a partir de 6 anos.

Para este xoves, 9 de maio, a partir das 17.30 horas, a Biblioteca Miguel González Garcés do Burgo acollerá ‘Dez gatiñas viaxeiras’, un conto da Dragona Ramona para nenas e nenos de 3 anos en diante. Entrada libre.

O venres, 10 de maio, ás 17.00 horas na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, haberá un taller creativo a cargo de Tótem Xestión baixo o título de ‘Ramas literarias’. A partir de 7 anos e con inscrición desde hoxe no 981 65 00 77.

O vindeiro xoves 16 de maio, ás 17.30 horas na Biblioteca Miguel González Garcés do Burgo, ‘Luisa Villalta e ou violino do vento’, con Carmen Domech, unha actividadde narración oral para nenas e nenos a partir de 4 anos. Entrada libre.

O xoves 23 de maio ás 17.30 horas, nova sesión con Dragona Ramona. ‘Dez gatiñas viaxeiras’ na Biblitoeca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa. A partir de 3 anos e entrada libre.

Para finalizar, o xoves 30 de maio ás 17.30 horas, contos para bebés. ‘Sol e lúa, arriba abaixo’ con Carlos Alba chegará á Biblioteca Miguel González Garcés. Inscricións no mesmo día na propia biblioteca ou no teléfono 981 65 55 97.

Se se desexa máis informaicón pódese acusir aos seguintes teléfonos de contacto das bibliotecas: Vilaboa, 981 65 00 77; e O Burgo, 981 66 55 97.