As pistas de A Galea en Miño estréanse co novo circuito de pump-track

ACoruñaXa
O alcalde de Miño e a delegada da Xunta en A Coruña inauguraron a nova infraestrutura, cun investimento de case 100.000 euros
Imaxe da nova pista de pump-track en Miño
2 Ago 2024

A área deportiva de A Galea en Miño conta desde hoxe cun novo circuito de pump-track, que da resposta á demanda da comunidade ciclista do municipio, que solicitaba un espazo adaptado para a práctica de BMX e skate.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, xunto coa delegada da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá a nova instalación para comprobar os resultados da obra. O proxecto supuxo unha inversión de preto de 100.000 euros, financiada a partes iguais entre o Concello e unha subvención da Xunta.

O novo circuito de pump-track está composto por curvas estreitas e baches de diferentes alturas, proporcionando un espazo de lecer para afeccionados aos deportes de táboa, BMX, mountain bike e patinaxe. As obras incluíron a preparación do terreo, a excavación e nivelación, a instalación de drenaxes e canalizacións eléctricas, a construcción e perfilado dos obstáculos e curvas, e finalmente, o asfaltado e marcaxe das liñas de seguridade. Ademais, instaláronse bancos, aparcabicis e papeleras para facer o entorno máis accesible e cómodo para os deportistas.

Este novo pump-track amplía os servizos das pistas de A Galea, ocupando unha parcela que ata agora non tiña uso. O alcalde Vázquez Faraldo destacou que “dende o goberno de Miño promovemos que a veciñanza leve un estilo de vida saudable, e seguimos incentivando isto coa construción de infraestruturas deportivas”. Engadiu que “este pump-track cumpre unha dobre función: por unha banda, responde á demanda da ampla comunidade ciclista e skater de Miño; e, pola outra, ofrecemos á veciñanza unha nova proposta deportiva ao aire libre, recuperando un espazo que estaba en desuso”.

0.18511009216309