As parroquias de Oleiros celebran o Entroido

ACoruñaXa
Dende o sábado 10 ata o sábado 17 de febreiro haberá diferentes festas de Entroido repartidas por todo o Concello de Oleiros
Entroido Oleiros
9 Feb 2024

Desde o sábado 10 ata o sábado 17 de febreiro en todas as parroquias do Concello de Oleiros celebraranse festas infantís de entroido organizadas polas entidades veciñais, socias e culturais.

Ademais da festa de Entroido que organiza o Concello,no Pavillón Polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz o vindeiro venres 16 de febreiro, as diferentes entidades sociais celebrarán festas de Entroido en espazos públicos das súas respectivas localidades. Para colaborar, o Concello contratará un grupo de animación infantil para cada un destes eventos:

- Lorbé: sábado 10 de febreiro, Casa do pobo, 17.30 horas.
- Oleiros: luns 12 de febreiro, Casa da República, 18.00 horas.
- Iñás: luns 12 de febreiro, Casa do pobo, 18.00 horas.
- Dexo: martes 13 de febreiro, Local social de Dexo, 17.30 horas.
- Nós: martes 13 de febreiro, Praza da Liberdade, 17.00 horas.
- Perillo: martes 13 de febreiro, Pista polideportiva II República, 17.30 horas.
- Mera: sábado 17 de febreiro, Lagoa de Mera, 16.30 horas.
- Santa Cruz: sábado 17 de febreiro, Centro Cívico de Santa Cruz, 18.00 horas.

 

0.15253305435181