As obras na ponte da Maquía obrigan a cortar este luns a estrada en Vilamaior (Ordes)

ACoruñaXa
A colaboración entre a Consellería do Medio Rural e os concellos de Ordes e Frades permitirá a renovación dunha ponte sobre o río Samo
Imaxe ponte da Maquia
11 Nov 2024

Dende o luns 11 de novembro, a estrada local que comunica a Maquía de Vilamaior (Ordes) coa AC-524 en Frades estará pechada ao tráfico debido ás obras de construción dunha nova ponte sobre o río Samo, situada no límite entre os concellos de Ordes e Frades. Esta intervención forma parte dun convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e os dous concellos para mellorar as infraestruturas rurais da zona.

O proxecto, denominado "Renovación de Ponte sobre o Río Samo na Maquía", conta cun orzamento máximo de 317.400,61 euros, e o seu obxectivo é mellorar a seguridade e accesibilidade da vía. As autoridades locais trasladan as súas desculpas e piden comprensión aos veciños polas molestias que estas obras poidan causar.

⚙ Configurar cookies
0.72560691833496