As mulleres tatuadoras, protagonistas na primeira edición do evento Lengua de Fuego na Coruña

ACoruñaXa
Un evento pioneiro que fusiona a cultura do tatuaxe e o feminismo coincidindo cos actos do 8M
LENGUA-DE-FUEGO-1
8 Mar 2025

As mulleres tatuadoras serán protagonistas en A Coruña esta fin de semana coa celebración da primeira edición de Lengua de Fuego, un evento pioneiro que fusiona a cultura do tatuaxe e o feminismo. Coincidindo cos actos do 8M, terá lugar este domingo, 9 de marzo, de 12.00 a 21.00 h no Studio Follow.

O encontro pretende ser un espazo para “dialogar, coñecernos, expoñer e expoñernos”, segundo as súa impulsoras, Aldara Pardo e Laura Calvo. No evento participarán recoñecidas tatuadoras a nivel estatal, ademais de contar cunha variada programación de actividades, como obradoiros de bordado (con Lúa Mosquetera), serigrafía (con Alba de Taller Trueno), cerámica (con Tere Larios), branding e prevención de acoso na rúa (a cargo da Fundación Mulleres).

Tamén haberá unha mesa redonda sobre tatuaxe e mulleres, moderada por Isa Velvet, con intervencións de Julia Amigo (autora dunha tese sobre a muller e o tatuaxe), Icíar Wallace (creadora dun fanzine sobre as mulleres pioneiras no mundo do tatuaxe) e as tatuadoras Caroli e Greta.

A xornada estará acompañada por unha programación musical variada ao longo do día, con actuacións de Moreno Moreno (12.00 horas), bb.wav (13.30 horas), Perkal (15.00 horas), Bold G (16.30 horas) e Bala DJ Set (20.00 horas). Ademais, a Cervezoteca Malte encargarase das propostas gastronómicas dispoñibles durante o evento.

Lengua de Fuego é unha xornada cultural benéfica de acceso libre e gratuíto, unha “celebración de resistencia e poder comunitario”, cuxa recadación será doada integramente á Fundación Mulleres.

Aldara Pardo e Laura Calvo, do Colectivo Lengua de Fuego, destacan que “non queremos facer purplewashing, senón aproveitar un día de loita e reivindicación para lembrar a orixe da xornada, evitando coincidir co día da manifestación. A nosa intención non é facer escoller ás mulleres en loita entre dúwas opcións, senón complementalas”.

Ademais, engaden: “Lengua de Fuego son todas as mulleres que participan, as que queren participar e as que o farán. Todas aquelas que, dalgún xeito, axudaron a facelo posible. É un espazo, un concepto, unha unión de persoas relacionadas co mundo do tatuaxe. Sen egos, sen competitividade, sen intereses, buscando compartir, aprender e abrazar a nosa comunidade. Somos un colectivo, ou a ansia e as ganas de sérvolo”.

⚙ Configurar cookies
0.60909295082092