As Festas do Pilar na parroquía de Paradela en Curtis contarán co Combo Dominicano
ACoruñaXa
Veciños e visitantes gozarán de dous días de festexos con música, procesións e as tradicionais meriendas do Pilar
18 sep 2024
O venres 11 de outubro, véspera da festividade da Virxe do Pilar, os veciños do lugar de Paradela, na parroquia de Foxado, Concello de Curtis, gozarán dunha gran verbena. A xornada festiva estará a cargo da orquestra Charleston Big Bande a a disco móvil Mega CDC con David Expósito, que amenizarán a noite con música e baile.
O sábado 12 de outubro, día da Virxe do Pilar, os festexos comezarán ás 13.30 horas coa misa solemne en honra á santa, de seguido o grupo Manhattan porá música á sesión vermú.
Ademais, ao longo do día, os asistentes poderán gozar das tradicionais meriendas do Pilar cun servizo de pulpeira. Pola noite, o Combo Dominicano e o grupo Trío Manhattan amenizarán a velada, poñendo o broche final ás celebracións.