As Festas do Apóstolo en Arteixo, un programa deseñado para todos os gustos e idades

ACoruñaXa
Os pratos fortes arrancarán o mércores 24 coa actuación da Orquestra Los Satélites
Imaxe do cartel das festas de Arteixo
Imaxe do cartel das festas de Arteixo
9 Xul 2024

Arteixo espera a chegada das súas festas patronais na honra ao Apóstolo con ansia e con programa xa completo que ofrece actividades e actuacións para todos os gustos e para todas as idades.

O programa arranca oficialmente o domingo 21 de xullo coa celebración do XVII Memorial Miro Penide de Xadrez (15.30 horas a 21.30 horas) no local social de Vilarrodís. Do luns 22 ao xoves 25 haberá máis xadrez na mesma ubicación co XXX Torneo Aberto de Xadrez Concello de Arteixo (15.30 horas 1 22.00 horas).

O mércores 24 actuará a Orquestra Los Satélites eo Grupo Pekados no campo da festa a partir das 22.30 horas. Mentres que na xornada festiva do 25 de xullo: a partir das 10.00 horas haberá dianas e alboradas co grupo de gaitas da AC Triskell. Ás 13.00 horas celebrarase unha misa solemne na Igrexia Santiago de Arteixo e a profesión estará cantada polo Orfeón Ría de Muros e acompañada pola Banda de Música Santiago de Arteixo. Ás 14.00 horas haberá unha sesión vermú con Aixa Romay na Praza do Balneario. Xa na tarde, ás 19.00 haberá un concerto da Banda Xuvenil da BMA e amigos. Ás 20.30 celebrarase o 6º Festival de Habaneros e ás 22.30 a Orquestra París de Noia e o grupo Kalima amenizarán a noite no campo da festa.

Na xornada do xoves 26, volverá celebrarse unha misa solemne ás 13.00 horas na Igrexa Santiago de Arteixo, cantada polo Grupo Adonai e acompañada no seu percorrido procesionario pola Banda de Música Santiago de Arteixo. Ás 14.00 horas haberá na Praza do Balneario unha sesión vermú da man de Xilo e Carlos.  Mentres que pola tarde haberá unha sesión de cine infantil con Raúl e César Romero no Auditorio do CCC de Arteixo Manuel Murguía. Ás 18.30 horas a Praza do Balneario acollerá a función 'O museo encantado' do mago Dani García. Xa na noite a Orquestra Olympus e a Disco Impacto pecharán a xornada a partir das  22.30 horas.

O sábado 27, a xornada comezará cunha misa na Igrexa Santa Eufemia ás 12.00 horas cantada polo Coro Parroquial co acompañamento das gaitas da AX Xiradela. Ás 14.00 horas a sesión vermú será na Praza do Balneario co Dúo Karamba. Entre as 14.30 horas e as 18.30 horas terá lugar a XII Mini BTT Concello de Arteixo en Larín, organizada polo Club Ciclista de Arteixo. Ás 19.00 horas terá lugar o Torneo de Fútbol Santiago Apóstolo no campo de fútbol de herba artificial de Arteixo. Mentres que ás 20.30 actuará Lucía Pérez xunto a Banda de Música Santiago de Arteixo na Praza do Balneario. Pola noite, a parir das 22.30, estará a Orquestra Marbella e a Sesión DJ Cotón no campo da festa. Ademais ás 00.00 horas terá lugar unha sesión de fogos de artificio.

Para rematar as festas, o domingo 28 ás 14.00 horas haberá na Praza do Balneario unha sesión vermú da man do Grupo Fuego e ás 19.00 horas volverán actuar cunha sesión de "tardeo".

Con motivos das festas, O Concello de Arteixo, desprega un Punto de Atención Violeta que estará situado no campo da festa dos días 24, 25, 26 e 27 de xullo en horario de 23.30 horas a 2.30 horas.

Cartel Apostolo 24 Arteixo Nuevo_page-0002
0.19402194023132