As festas de Lorbé en Oleiros contarán con puntos violetas

ACoruñaXa
Oleiros intensifica a prevención contra violencias machistas nas festas do Carme con Puntos Violetas de atención e sensibilización
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
31 Xul 2024

Con motivo da celebración desde mañá en Lorbé das festas do Carme, o Concello de Oleiros informa de que instalará Puntos Violetas as noites do xoves 1, venres 2 e sábado 3, de 23 a 3 horas, coa finalidade de seguir traballando activamente, en colaboración coa comisións de festas, na prevención e actuación fronte as violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas que poidan dar.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outro tipo de agresión machista, en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade, así como cos Servizos Sanitarios.

Ademais, os Puntos Violeta tamén son espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos e servizos municipais na materia, ademais de realizarse accións divulgativas adaptadas ás diferentes idades.

0.18736100196838