As festas de Iñás e Perillo en Oleiros contarán con puntos violetas
Co gallo da celebración das festas de Iñás e Perillo esta fin de semana, o Concello de Oleiros instalará Puntos Violetas nas noites do venres e do sábado, de 23.00 a 3.00 horas. O obxectivo é continuar traballando de forma activa, en colaboración coas comisións de festas, na prevención e intervención fronte ás violencias sexuais, LGTBIfóbicas e outras formas de violencia machista que poidan ocorrer.
Os Puntos Violeta funcionarán como espazos de referencia, atención e apoio psicolóxico, xestionados por un equipo especializado de profesionais. Estes espazos dispoñen dun Protocolo de Actuación para responder ante calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou agresión machista, mantendo unha coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade, así como cos Servizos Sanitarios.
Ademais, os Puntos Violeta servirán como espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se distribuirá material informativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles nesta materia e se levarán a cabo accións divulgativas adaptadas a diferentes idades.