As EMD de Curtis convértense en campioas de Liga en 3 categorías de fútbol sala

ACoruñaXa
O pavillón de Teixeiro acolleu este luns a xornada deportiva que acadou o completo de aforo do recinto
Imaxe das EMD de Curtis
Imaxe das EMD de Curtis
2 abr 2024

As Escolas Municipais de Deportes de Curtisde fútbol sala convértense en campioas de Liga en 3 categorías.

Este luns 1 de abril xogouse no pavillón de Teixeiro a penúltima xornada da 'Liga Deporte Escolar 2023-2024' na que tras as victorias de 3 equipos das Escolas Deportivas Municipais de Curtis proclamáronse como campións de tres categorías desta liga. Cabe destacar que o pavillón conseguiu o aforo completo.

Os equipos gañadores do Concello de Curtis son: Prebenxamín A (2-1), Benxamín A (5-2) e Alevín A (7-1) quenes se enfrentaron os 3 ao Concello de Frades.

Na categoría infantil, o Curtis non conseguiu onte a victoria pero continúan primeiros con 12 puntos, seguidos do Concello de Frades con 9.