As contas municipais pechan 2025 cun superávit de 2,4 millóns en Abegondo

ACoruñaXa
O Concello aprobou a liquidación do exercicio cun remanente de tesouraría de 3,5 millóns de euros, unha marxe que permitirá impulsar novos investimentos de interese veciñal
ABEGONDO concello
Imaxe de Noelia Uceira
29 Mar 2026

O Concello de Abegondo aprobou a liquidación do exercicio económico de 2025 cun superávit de 2.474.989,81 euros, segundo os datos recollidos no balance de peche do ano. As contas municipais reflicten unhas obrigas recoñecidas de 7.080.549,36 euros e uns dereitos recoñecidos de 9.099.675,35 euros, unha vez aplicados os axustes correspondentes.

Xunto a este resultado, o remanente de tesouraría elévase ata os 3.497.500,57 euros, un indicador que marca a capacidade económica real da administración local ao remate do exercicio.

Este escenario permitirá ao Concello dispoñer de marxe para impulsar novos investimentos de interese veciñal con cargo a eses fondos, sempre dentro dos límites fixados pola regra de gasto estatal para as administracións públicas.

A liquidación tamén recolle que a administración local non mantén débeda bancaria nin prevé recorrer á contratación de novos créditos. Nos últimos meses, o municipio xa destinou recursos a actuacións como a reforma integral do polideportivo, a mellora dos accesos ao centro de saúde e a adquisición de terreos para o proxecto de vivenda para a mocidade.

0.12903094291687