?> As Brigantias Roller Derby A Coruña xogaron o sábado a copa ARDE en Vigo en ACoruñaXa

As Brigantias Roller Derby A Coruña xogaron o sábado a copa ARDE en Vigo

ACoruñaXa
O equipo desprazouse ata Vigo o pasado sábado 20 de abril para disputar os partidos do campionato nacional
Imaxe do partido das Brigantias Roller Derby e as Sereas Bravas de Vigo
Imaxe do partido das Brigantias Roller Derby e as Sereas Bravas de Vigo
Redacción ACoruñaXa
25 abr 2024

As Brigantias Roller Derby A Coruña viaxaron o pasado sábado 20 de abril ata Vigo para disputar os partidos da División 2 do Campionato Nacional ARDE (Asociación de Roller Derby de España).

As Brigantias xogaron contra os conxuntos madrileños de Black Thunders Derby Dames Madrid e Roller Derby Madrid B. Pola súa banda, Sereas Bravas Roller Derby Vigo enfrontouse a Black Thunders Derby Dames Madrid. O partido entre Sereas Bravas Roller Derby Vigo e Roller Derby Madrid B finalmente non se xogou.

Nunha xornada de sol e calor no pavillón Campo da Mina de Vigo, As Brigantias impúxose a Roller Derby Madrid B. A continuación, disputou o partido contra Black Thunders, moi igualado e reñido ata o final, que se decantou do lado das madrileñas. Por último, Black Thunders impúxose a Sereas Bravas.

Os resultados dos partidos foron:

- As Brigantias Coruña 186 - Roller Derby Madrid B 103

- As Brigantias Coruña 109 - Black Thunders Derby Dames Madrid 133

- Black Thunders Derby Dames Madrid 119 - Sereas Bravas Vigo 80

As Brigantias organizará un triangular internacional na Coruña o vindeiro sábado 1 de xuño con equipos de Alemaña e Reino Unido.