As Bibliotecas Municipais de Arteixo organizan unha recollida solidaria de alimentos
A Concellaría de Cultura e Xuventud do Concello de Arteixo, en colaboración co Banco de Alimentos «Rías Altas», organiza unha recollida solidaria de alimentos nas bibliotecas municipais. Esta iniciativa terá lugar na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal» de Arteixo e na Biblioteca «Antón Castro» de Meicende.
Neste sentido, quen desexe colaborar poderá facelo de xeito solidario, deixando alimentos nos contedores habilitados para tal fin. Ademais, como agradecemento pola vosa aportación, poderedes levar libros de balde.
A recollida solidaria desenvolverase entre o 10 de xuño e o 12 de xullo. Durante este período, nas bibliotecas citadas expoñeranse os libros dispoñibles para levar de balde, así como os contedores onde podedes deixar a vosa doazón de alimentos.
Denden as bibliotecas do municipio animan a participar nesta campaña solidaria que non só fomentará a lectura, senón que tamén axudará a quen máis o necesita.