As bibliotecas de Oleiros acollerán obradoiros de máscaras de Entroido

ACoruñaXa
Os obradoiros de máscaras comezarán ás 17.30 horas os días 5, 6, 7,8 e 9 de febreiro e están destinados a nenos maiores de 6 anos
Oleiros - Entroido Máscaras
Oleiros - Entroido Máscaras
30 ene 2024

A rede de bibliotecas municipais do Concello de Oleiros organiza obradoiros de creación de máscaras de entroido para cativos a partir de 6 anos. As actividades serán os días 5, 6, 7,8 e 9 de febreiro ás 17.30 horas. Cada obradoiro terá unha duración de 90 minutos.

Para participar das actividades é imprescindible inscribirse na biblioteca onde terá lugar o obradoiro de creación de máscaras de Entroido. O aforo é limitado polo que se deberá reservar praza na propia biblioteca ou ben chamando a cadanseu número de teléfono. As persoas interesadas poderán inscribirse desde 10 días antes da data de realización da actividade.

Os nenos deberán estar acompañadas por unha persoa adulta no recinto da biblioteca ata que remate a actividade.

Unha programación moi variada:

O 5 de febreiro o obradoiro será de máscaras de animais na Biblioteca de Mª José Ruso de Dorneda (981 626 638). O 6 de febreiro de máscaras do Entroido tradicional galego na Biblioteca Manuel María de Oleiros (981 610 700). O 7 de febreiro de máscaras do Entroido tradicional galego na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz (981 626 338) .

O 8 de febreiro de máscaras de personaxes de contos infantís na Biblioteca Central de Rialeda (981 639 511). A súa vez na Biblioteca Xograr Mendiño no Lorbé terá lugar un obradoiro de máscaras do Entroido tradicional galego (981 618 201).

Por último, o 9 de febreiro haberá un de máscaras de personaxes de cómic na Biblioteca Ánxel Fole. Nós (981 664 257) e outro obradoiro de máscaras de personaxes de contos infantís na Biblioteca MªJosé Trincado de Mera (981 628 507).