As bibliotecas de Culleredo abren a tempada cun contacontos

ACoruñaXa
A entrada é gratuíta ata completar aforo, aínda que os bebés deberán ir acompañados dunha persoa adulta
nenos-xogando
29 sep 2024

O Concello de Culleredo dá o pistoletazo de saída á tempada de actividades nas súas bibliotecas municipais cunha contacontos dirixida a bebés de 0 a 3 anos, que terá lugar o próximo xoves, 3 de outubro. A actividade, titulada Fábulas no berce, será realizada por Charo Pita e celebrarase na biblioteca González Garcés de O Burgo a partir das 17.00 horas.

As reservas para asistir á contacontos poderán realizarse por vía telefónica o mesmo día do evento, chamando ao número 981 66 55 97. A entrada é gratuíta ata completar aforo, aínda que os bebés deberán ir acompañados dunha persoa adulta. Esta actuación marca o inicio da tempada nas bibliotecas públicas do Concello de Culleredo, que ofrecerán unha ampla programación de actividades culturais para todas as idades que serán anunciadas nas próximas semanas. A concelleira de Cultura, Penélope López, destacou a importancia deste tipo de espectáculos para incentivar a lectura desde idades moi temperás, permitindo que os máis pequenos desenvolvan a súa imaxinación mentres gozan da actuación.

0.13995695114136