Arteixo tenta dar coas causas dos desbordamentos dun areneiro en Suevos

ACoruñaXa
As choivas torrenciais provocaron o desbordamento da instalación na que este mércores comezaron os traballos para detectar a causa dos desbordamentos que se producen cando cae moita choiva
Imaxe dos operarios traballando este mércores no areneiro de Suevos (Arteixo)
6 Mar 2024

Sumarte do Servizo Municipal de Augas de Arteixo en colaboración coa Edar de Bens comezou os traballos destinados a detectar as causas dos desbordamentos dun arenero en Suevos debido ás choivas torrenciais.

A instalación serve para realizar un decantamiento das augas residuais antes de que cheguen á Edar de Bens, de forma que se eliminen as particulas máis pesadas que van na auga. As choivas torrenciais provocan desbordamentos puntuais que cesan cando os niveis de achega de auga das conducións diminúe.

Debido a esta situación a empresa pública de Arteixo Sumarte e a Edar de Bens están a traballar de forma coordinada para buscar as causas destes desbordamentos, que poden ser unha conxunción de varios factores que tamén teñen que ver co ritmo de bombeo de instalaciónes como a Estación de Bombeo de Sabón, que tamén xestiona a Edar de Bens.

Coa fin de buscar as posibles causas abriuse este mércores a laxa de formigón do arenero e aproveitouse para realizar unha extracción de lodos e para controlar o estado de funcionamento das distintas partes que forman a instalación. Tanto Sumarche como a Edar de Bens confían é que este tipo de traballos poidan conducir a unha solución para os desbordamentos, unha vez que os técnicos realicen unha análise completa das posibles causas do problema.

0.23263621330261