Arteixo sufrirá este venres cortes de auga por obras de mellora en varias rúas

ACoruñaXa
SUMARTE informa que a interrupción do subministro afectará varias zonas entre as 9:00 e as 11:00 horas
Imaxe dun grifo de auga
7 Nov 2024

A empresa SUMARTE (Servizos Urbanos Municipais de Arteixo) comunicou que mañá, venres 8 de novembro, levará a cabo obras de mellora na rede de subministro de auga, o que obrigará a interromper temporalmente o servizo en varias rúas do municipio. O corte está previsto entre as 9:00 e as 11:00 horas, afectando á Rúa Mendiño, Rúa Martín Codax, Travesía da Xesteira, Rúa Xoán de Cangas e Travesía Monte das Arcas.

A intervención ten como obxectivo optimizar o subministro de auga e previr posibles avarías futuras. SUMARTE recomendou aos veciños e veciñas extremar as precaucións, asegurándose de que todas as billas queden ben pechadas e de non empregar lavadoras ou lavalouzas ata o restablecemento completo do servizo, previsto para despois das 11:00 horas.

A empresa municipal agradece de antemán a comprensión dos afectados e destaca que estas actuacións resultan esenciais para mellorar a calidade do subministro de auga en Arteixo.

0.17222285270691