Arteixo propón á Deputación dotar de sendas peoniles a varias estradas provinciais

ACoruñaXa
O municipio aprobou en pleno un plan de colaboración entre as dúas administracións para dotar de sendas peoniles a varias estradas provinciales
Imaxe da casa do Concello en Arteixo
26 Abr 2024

O goberno municipal de Arteixo aprobou o xoves unha moción para ofrecer a Deputación da Coruña unha proposta de acordo para mellorar a seguridade de varias estradas de titularidade provincial. O goberno local sinalou durante o pleno municipal de hoxe que lugares como Uxes, Loureda, Barrañán, Armentón, Chamín ou Arteixo teñen os mesmos dereitos en ter unhas estradas dignas e seguras.

Nos últimos anos, o Concello de Arteixo realizou numerosas obras na vías provinciais; a maioría delas actuacións encamiñadas a mellorar a seguridade viaria das estradas de titularidade da Deputación da Coruña como a DP-0501, DP-0506, DP-0507, DP-0510, DP-0511, DP-0513 e DP-0514. Namentres a Deputación investiu nas súas propias estradas, nestos últimos nove anos, soamente no senda peonil desde Roris ata Anzobre na DP-0507.

Hai que lembrar que o concello de Arteixo solicitou a Deputación xa no pleno municipal do 28 de abril de 2016 a cesión das estradas provinciais: DP-0501, DP-0502, DP-0503, DP-0505, DP-0506, DP-0507, DP-0508 e tramos da DP-0512 e DP-0514, sempre que realizasen as obras necesarias para que as estradas cumpran coa seguridade e cun bo estado de mantemento.

Así mesmo no pleno do mes de febreiro deste ano levouse ao pleno municipal unha moción para solicitarlle a Deputación da Coruña que actúe de modo urxente tanto na DP-0512 no tramo de Arteixo (principalmente na zona de Uxes-Roxiñas) e no tramo da DP-0512 entre a Travesía de Arteixo e a Avenida de Finisterre. Son actuacións encamiñadas na mellora da seguridade viaria destas estradas. Tamén solicitouse a Deputación da Coruña que actúe de maneira urxente na DP-0506 (Barrañán) para mellorar a seguridade viaria desta estrada. Esta moción foi aprobada no pleno por unanimidade de todos os grupos políticos do concello de Arteixo .

De todas estas peticións, levanse moitos meses sen recibir ningunha resposta por parte da Deputación da Coruña, demostrando unha inacción por parte desta administración que é a competente e a propietaria destas estradas.

É por todo esto que o concello de Arteixo trasladou unha proposta de maneira coordinada coa Deputación da Coruña para a execución de sendas nas estradas provinciais. A proposta basease na necesidade de mellorar a seguridade das estradas da Deputación. Moitas destas estradas posúen plataformas viarias inferiores a seis metros (o mínimo que se considera necesario para a circulación de dous vehículos en cada sentido) e moitas delas carecen de sendas ou itinerarios peonís seguros, o que supón un risco para o trafico peonil e rodado.

No escrito á Deputación proponse:

"A cargo da Deputación de A Coruña solicitamos a execución senda peonil de Suevos DP-0503 (a cargo do Plan de sendas 2024 da Deputación), e a senda peonil en Barrañan na DP-0506.

A cargo do concello de Arteixo estaría a DP-0512 que vai de Uxes ao Polígono de Moras. Nesta estrada a Deputación non executou ningunha mellora ostensible (salvo o cambio dunha capa de rodadura); e a DP-0512 no tramo que vai da travesía de Arteixo ata a avenida de Finisterre. Neste tramo de senda a Deputación tampouco executou ningunha mellora".

0.18744897842407