Arteixo premia os mellores escaparates de Nadal cun concurso que reparte 3.650 euros en galardóns

ACoruñaXa
'Balneario Visión' levou o premio principal e 'A Despensa que Pensa' gañou a votación popular na edición 2025 do certame
ARTEIXO premios escaparates
5 Jan 2026

O Concello de Arteixo deu a coñecer os establecementos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal 2025, unha iniciativa coa que se busca dinamizar o comercio local e recoñecer o esforzo dos negocios á hora de ambientar as súas vitrinas durante as festas.

O gran premio, dotado con 1.000 euros, foi para Balneario Visión. O segundo premio (800 euros) recaeu en O Lar das Flores, mentres que o terceiro (500 euros) foi para Arteixo Laser. Ademais, o certame incluíu un accésit á orixinalidade de 450 euros, que nesta ocasión recibiu Mira Home.

No apartado de participación cidadá, o galardón de Votación Popular (900 euros) foi para A Despensa que Pensa, que se impuxo no reconto de votos do público.

A entrega dos premios correu a cargo dos concelleiros Fina Zas e Ángel Vázquez, segundo informou o Concello.

⚙ Configurar cookies
0.093055963516235