Arteixo pon fin á etapa de Augarsa co pagamento de case un millón de euros a acredores
ACoruñaXa
O acordo extraxudicial aprobado polo pleno municipal asegura o pago a provedores tras a extinción da empresa mixta formada co apoio de Aqualia
28 Out 2024
O pleno municipal de Arteixo ven de aprobar o auto de homologación ditado polo xulgado mercantil nº2, que recolle un acordo extraxudicial entre o concello de Arteixo e a administración concursal da empresa mixta Augarsa. A empresa, formada pola colaboración entre o concello e a multinacional Aqualia, cesou a súa actividade en 2013 trala municipalización do servizo.
Neste sentido, grazas a un acordo anterior, o concello xa cobrara 7,5 millóns de euros de Aqualia. Con este novo acordo, Arteixo asumirá o pago de 991.000 euros, destinados a saldar a débeda de Augarsa con acredores, incluíndo provedores e outras empresas que colaboraran coa sociedade mixta.