Arteixo pon en marcha o servizo de autobús ás praias este domingo

ACoruñaXa
Este servizo iníciase á vez que esta fin de semana póñense en marcha o dispositivo de socorrismo nas sete praias con bandeira azul de Arteixo
Imaxe da praia de Barrañán en Arteixo
12 Jun 2024

O Concello de Arteixo poñerá en marcha as liñas de transporte municipal ás praias do municipio o vindeiro domingo 16 de xuño. Este servizo iníciase á vez que esta fin de semana póñense en marcha tamén o dispositivo de socorrismo nas sete praias con bandeira azul de Arteixo.

O servizo de socorrisno contará con 45 efectivos, entre socorristas, ATS e pilotos de embarcación. O servizo conta con vos embarcacións e unha moto náutica que teñen como base o porto exterior co obxectivo de que o tempo de reacción durante unha emerxencia sexa menor. O servizo tamén dispón de dous quads equipados como vehículos de emerxencias para o transporte dos feridos polas praias de maneira máis rápida e eficiente.

Cen mil pasaxeiros en 2023

Os autobuses con destino ás praias súmanse así ás outras liñas que comunican os núcleos urbanos entre si e cos núcleos rurais do municipio.

O transporte municipal superou no 2023 os cen mil pasaxeiros en todas as súas liñas e é unha iniciativa que busca fomentar a mobilidade de forma sostible, e que se busca que os veciños poidan utilizar de forma sinxela e constante unha rede de liñas de comunicación que melloren a conectividade entre os diferentes núcleos do municipio.

Praias Arteixo 2024 16 XUÑO_page-0001

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17626810073853