Arteixo organiza un obradoiro literario co escritor Diego Giráldez

ACoruñaXa
O obradoiro desenvolverase durante os días 3, 10, 17 e 24 de abril e os 2, 8 e 15 de maio en horario de 17.30 a 19.30 horas na capela do Balneario de Arteixo
Imaxe do escritor e xornalista Diego Giráldez
Imaxe do escritor e xornalista Diego Giráldez
5 mar 2024

O Concello de Arteixo ofrecerá durante os meses de abril e maio un obradoiro literario conducido polo escritor e xornalista galego, Diego Giráldez .

O obradoiro desenvolverase durante os días 3, 10, 17 e 24 de abril e os 2, 8 e 15 de maio en horario de 17.30 a 19.30 horas na capela do Balneario de Arteixo.

A formación gratuíta está destinada a persoas maiores de 16 anos e preferiblemente empadroadas no Concello de Arteixo. O prazo de inscrición está aberto dende o luns 4 de marzo ata o venres 22 de marzo e deberá facerse a través da páxina web do Concello ou escribindo un correo electrónico ao enderezo cultura@arteixo.org

Diego Giráldez dividira o obradoiro en 7 capítulos:  A voz literaria; O poder narrativo; O casting de personaxes; Ritmo e estrutura; A corrección, dor e gloria; Perder o medo a ser lido e O pracer de publicar. Como fago?.

CARTEL OBRADOIRO LITERARIO (1)