Arteixo inaugura a carteleira de inverno este venres con 'La bruja rechinadientes'

ACoruñaXa
O premiado espectáculo de monicreques da compañía KATUA&GALEA traerá música e aventuras ao Auditorio CCC Manuel Murguía
bruja rechinadentes arteixo
9 Jan 2025

Mañá, venres 10 de xaneiro, ás 19:00 horas, o Auditorio do CCC Manuel Murguía de Arteixo acollerá o espectáculo familiar "La bruja rechinadientes", unha produción da compañía salmantina KATUA&GALEA. Este espectáculo, premiado como mellor montaxe nos FETEN 2024, inaugura a carteleira cultural de inverno do municipio.

Inspirada nos contos clásicos de bruxas e no folclore tradicional, a obra presenta unha emocionante aventura de 65 minutos de duración, ideal para público infantil a partir de 4 anos. A trama mergulla aos espectadores nun bosque misterioso onde tres valentes irmáns descobren unha casa habitada por unha bruxa.

Baixo a dirección de David Galeano e co elenco artístico formado por Pilar Borrego, Victor Cerezo e Alfonso Peña, a produción combina monicreques, música e narración para crear unha experiencia máxica e conmovedora.

As entradas, cun prezo de 4 e 3 euros, pódense adquirir en liña a través de eventosarteixo.com ou no despacho de billetes do auditorio dúas horas antes do comezo do espectáculo, ata completar a capacidade da sala.

0.18338894844055