Arteixo estudará impulsar o autoconsumo eléctrico e a implantación de instalacións fotovoltaicas
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte, na cesión plenaria de abril, a moción presentada polo BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de subvencións para o financiamento de instalacións fotovoltaicas para a veciñanza de Arteixo.
Tamén se deu luz verde a outras medidas como, a redacción e aprobación dun Plan Municipal de Fomento do Autoconsumo fotovoltaico para promover o autoconsumo eléctrico en Arteixo, que inclúa incentivos económicos e facilitación de trámites administrativos para os cidadáns e empresas que desexen instalar sistemas de autoconsumo.
Ademais, de realizar campañas de concienciación e información sobre os beneficios do autoconsumo eléctrico, dirixidas tanto á cidadanía como ao sector empresarial, utilizando diferentes medios de comunicación como redes sociais, prensa local, cartelaría, entre outros.
Doutra banda, aprobouse organizar sesións informativas e obradoiros prácticos sobre a instalación e mantemento de sistemas de autoconsumo eléctrico, en colaboración con expertos no ámbito das enerxías renovables e asociacións locais.
Así como promover a participación en eventos comunitarios, feiras ou exposicións relacionadas co autoconsumo eléctrico, onde se poidan mostrar casos de éxito e demostracións prácticas de funcionamento de sistemas de enerxía renovable.
Tamém, instalar paneis solares fotovoltaicos en edificios e instalacións municipais como exemplo de compromiso coa transición enerxética e a loita contra a crise climática. Establecer exencións fiscais ou reducións nas tarifas municipais significativas para os cidadáns e empresas que instalen sistemas de autoconsumo eléctrico.
Buscar a colaboración con outras entidades e institucións para promover a formación e capacitación en instalación e mantemento de sistemas de autoconsumo eléctrico. E, apoiar firmemente todas as iniciativas cooperativistas para a produción de enerxía eléctrica que beneficien a toda a veciñanza que non poda instalar nas súas vivendas estes elementos.
Desde o BNG ven importante que se leven a cabo estas medidas para rebaixar o recibo da luz e tamén ser máis independente das compañías enerxéticas tanto para os edificios públicos como para os e as arteixás.