Arteixo celebrará un encontro de maiores polo Nadal o 22 de decembro
Arteixo prepara o seu Xantar de Nadal 2024 cunha cita especial para os maiores. O evento, dirixido a persoas pensionistas empadroadas no concello e aos seus cónxuxes, celebrarase o domingo 22 de decembro no Pazo dos Deportes.
As entradas estarán dispoñibles entre os días 25 e 29 de novembro no Centro de Maiores A Baiuca, en horario de 9:00 a 13:30. O prezo é de 6 euros por persoa, e a organización permitirá recoller un máximo de dez entradas por solicitante.
Os interesados deberán presentar o DNI, un xustificante da condición de pensionista ou prexubilado e, no caso de vodas celebradas en 1974, o libro de familia. Esta iniciativa busca fomentar o encontro e a convivencia entre os maiores da localidade, nunha data marcada pola solidariedade e o espírito festivo do Nadal.