Arteixo celebra o Día da Muller coa obra de monicreques 'Las Cotton'

ACoruñaXa
A Concellaría de Cultura de Arteixo súmase á Celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo coa programación de 'Las Cotton'
Imaxe da obra de monicreques 'Las Cotton'
4 Mar 2024

A Concellaría de Cultura de Arteixo súmase á Celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo coa programación de 'Las Cotton', unha delicia de espectáculo de monicreques da man da compañía vasca ANITA MARAVILLAS & PORTAL 71 que terá lugar no Auditorio de Arteixo ás 18.30 horas.

A obras 'Las Cotton' nace da inspiración nas loitas obreiras das mulleres na industria téxtil de principios de século. Un imaxinario visual creado por Miren Larrea a través da mirada dunha familia en plena revolución industrial, que fala sobre a chegada da industrialización, do éxodo ás cidades, a dureza da fábrica… pero tamén fala sobre o exemplo daquelas mulleres, que entenderon que só xuntas poderían conseguir unhas vidas dignas.

O teatro de monicreques permite crear un imaxinario, unha estética e uns códigos que axudan a explicar conceptos “adultos” ao público máis cativo. Porque as historias viaxan a través das emocións, e as emocións non teñen idade.

0.13176393508911