Arteixo aproba o plan de prevención de incendios forestais

ACoruñaXa
O concello de Arteixo aprobará no pleno do próximo xoves o plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.
Arteixo incendios
22 Jan 2024

O concello de Arteixo aprobará no pleno do próximo xoves o plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais. Cumprindo deste xeito coa cooperación que establece a lei autonómica a través de Seaga, a Fegamp e os propios concellos.

Trala aprobación deste plan no pleno será a dirección xeral competente en materia forestal quen emita un informe preceptivamente sobre o plan de prevención municipal. Dentro dos documentos do plan aparece unha relación actualizada das cerca de 4.000 fincas situadas en zonas urbanas que deben cumprir coa lei autonómica que obriga a ter limpa de masas vexetais perigosas pola súa capacidade incendiaria. O plan tamén identifica as faixas secundarias de parcelas que tamén teñen obrigas neste sentido.

A media de incendios desde o 2008 en Arteixo foi de 13,5 incendios o ano, cun total de sete hectáreas o ano queimadas, a metade delas acostuman a ser monte raso de matorrais e cerca de 3,5 hectáreas son arboradas.

Nos espazos definidos como faixas secundarias nos plans de prevención será obrigatorio ter limpas as fincas nunha franxa de 50 metros perimetrais en solos urbanos, núcleos rurais e urbanizables. Os cincuenta metros mediranse des o límite do solo urbano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17888283729553