Arteixo acolleu este domingo un trial de motomontañismo
ACoruñaXa
O trial foi organizado polo Club Motomontañismo Arteixo e varios dos seus pilotos obtiveron vitorias nas súas categorías
30 Xan 2024
O calendario de competicións da Federación Galega de Motociclismo comezou este domingo, 28 de xaneiro, en Arteixo, cun trial organizado polo Club Motomontañismo Arteixo. A proba contaba con zonas moi técnicas e con algúns pasos espectaculares que o numeroso público asistente agradeceu.
O tempo acompañou cun día soleado que deixaba un terreo perfecto para a práctica do trial.
Os resultados acadados polos pilotos do Club Motomontañismo Arteixo foi o seguinte:
Na categoría TR2: 3º Juan M. Filgueiras Rama. Na TR4: 1º José L. López Fernández
En infantil: 2º Bruno Montes Muiño.
En clásicas: 1º Francisco J. Fraga Barral. En clásicas B: 1º Javier García Iglesias, 2º José Manuel Rega Sánchez e 3º Ernesto Pampín Pampín.