Arteixo abre a inscrición das xornadas terapéuticas

ACoruñaXa
O Concello de Arteixo organiza o 'Activámonos circuíto terapéutico' dirixido a persoas maiores de 65 anos.
Cartel xornadas terapéuticas Arteixo
7 Feb 2024

O Concello de Arteixo organiza o 'Activámonos circuíto terapéutico' dirixido a persoas maiores de 65 anos.

As actividades comezarán o mércores 21 de febreiro e serán impartidas no Centro interxeracional de Arteixo en horario de 11.30 horas ata 12.30 horas.  O circuíto estará impartido pola terapeuta ocupacional do CAMP de Arteixo, Alba Souto.

Todo aquel que estea interesado en tomar parte da actividade deberá inscribirse antes do mércores 14 de febreiro a través do correo electrónico baiuca@arteixo.org ou chamando ao 981 65 90 95.

0.13829016685486