Arden varios camións de lixo no polígono da Grela

Os bombeiros da Coruña acudiron este luns ao polígono da Grela logo de rexistrarse un incedio nunha das naves da avenida Severo Ochoa. O lume orixinouse en torno ás 16.30 horas nun dos vehículos alí estacionados e acabou por afectar a polo menos seis camións de lixo, dos cales catro quedaron completamente calcinados.
A policía traballa agora para esclarecer as causas do incendio que xa se atopa extinguido.