Aranga presenta o seu programa para o 25N

ACoruñaXa
O municipio organiza charlas e eventos para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
aranga 25n
19 Nov 2024

O Concello de Aranga súmase un ano máis ás reivindicacións do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha programación de tres actos que buscan fomentar a igualdade e concienciar sobre esta problemática.

A primeira das actividades terá lugar o mércores 20 de novembro no CEIP A Castellana, onde se impartirá a charla "Consentimentos para as crianzas", destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria.

O luns 25 inaugurarase o "Rincón da Igualdade" en Montemeá, un espazo que promoverá valores igualitarios e de respecto mutuo.

Finalmente, o venres 29 presentarase o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Aranga. Este acto desenvolverase no local anexo "Escuelita", situado no CEIP A Castellana.

O Concello anunciou que nos próximos días se ofrecerá máis información sobre cada un dos eventos programados.

0.23030614852905