Aranga presenta este xoves o IV Plan Municipal de Igualdade

ACoruñaXa
O acto celebrarase no Local Anexo "Escuelita" do CEIP La Castellana, con motivo do 25N
Aranga Plan de Igualdade
3 Dec 2024

O Concello de Aranga conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun evento destacado este xoves, 5 de decembro. A partir das 16:00 horas, no Local Anexo "Escuelita" do CEIP La Castellana, terá lugar a presentación do IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.

Este plan, que busca promover unha sociedade máis xusta e igualitaria, representa un paso máis nos esforzos municipais para reducir as desigualdades de xénero e impulsar políticas de igualdade no territorio.

Dende o Concello de Aranga, faise un chamamento á participación activa da veciñanza neste acto, clave para debater e avanzar cara á construción dunha sociedade libre de violencia e discriminación. A alcaldía anima á cidadanía a sumar o seu apoio para reflexionar e conmemorar xuntas o 25N.

“É unha oportunidade para fortalecer o compromiso colectivo contra a violencia de xénero e para avanzar nas políticas de igualdade que tanto necesitamos”, destacaron representantes municipais.

0.13960909843445