Aranga impulsa un curso para gañar soltura co móbil e moverse con seguridade no mundo dixital


O Concello de Aranga porá en marcha unha nova edición do programa ‘Reto Rural Dixital’, unha proposta de formación básica pensada para que a veciñanza do rural mellore o seu manexo do teléfono móbil e das ferramentas dixitais que se usan a diario.
As sesións desenvolveranse no local anexo ao CEIP A Castellana (coñecido como a ‘Escuela Amarela’) os días 3 e 10 de febreiro de 2026, entre as 11.00 e as 14.00 h. O contido inclúe desde nocións esenciais de uso do smartphone e seguridade no móbil ata o emprego de aplicacións cotiás, a detección de bulos e noticias falsas, o funcionamento das redes sociais e a creación de contidos audiovisuais.
Para participar é preciso inscribirse previamente chamando ao 981 793 551.