Aprobado o proxecto para a construción da senda costeira do litoral de Dorneda

ACoruñaXa
A senda percorrerá un total de 2,5 quilómetros entre Naval e Canide
Dorneda, Oleiros
Dorneda, Oleiros
25 Jan 2025

A Xunta de Goberno local vai aprobar definitivamente o proxecto para a construción da senda costeira do litoral de Dorneda, desde Naval ata Canide. Serán 2,5 km nos que o Concello de Oleiros vai investir 2.070.835 euros.

Respecto ao proxecto aprobado inicialmente o pasado ano introdúcense algunhas variacións para facelo máis sostible e reducir o impacto medioambiental e paisaxístico. Entre outros cambios, o ancho da senda será de 4 metros e non de 6 como está contemplado inicialmente; empregaranse pavimentos filtrantes; utilizaranse materiais naturais para o mobiliario e aproveitaranse algúns camiños xa existentes.

O Concello tamén ten en marcha o expediente de expropiación para adquirir os terreos necesarios para poder realizar a obra.

Este é un paso máis para facer practicable ese treito costeiro que percorre a parroquia de Dorneda e que supón un itinerario alternativo, ciclopeonil, entre Mera e Santa Cruz. Deste xeito, toda a costa de Oleiros será transitable por terreos públicos.

0.16674113273621