ANHIDA Coruña ofrece máis de 200 prazas nos seus obradoiros de verán en Culleredo
Anhida Coruña (Asociación de Nenos con Hiperactividade e Déficit de Atención), coa colaboración do Concello de Culleredo, oferta máis de 200 prazas nos seus talleres de verán co obxectivo de axudar ao alumnado e ás súas familias no reforzo de aprendizaxes, técnicas de estudo ou alternativas de lecer saudables. Celebraranse durante os meses de xullo e agosto.
A oferta cobre un rango de idades amplo, desde nenos ata adultos. Están dirixidas fundamentalmente a persoas con necesidades educativas especiais, asociadas ou non asociadas á entidade. Reeducación pedagóxica, psicoloxía individual, técnicas de estudo, lectoescritura, debate, club de lectura ou contacontos son só algunha das posibilidades ofrecidas.
Para máis información, pode consultarse a web www.anhidacoruna.com ou no teléfono 981 90 38 30. Para formalizar a inscrición, pode enviarse un correo electrónico a info@anhidacoruna.com.