Amigos dos Museos de Galicia organiza este xoves unha charla sobre Palestina

ACoruñaXa
Consistirá nunha conversa participativa, reivindicativa do humanismo na sociedade do espectáculo que caracteriza o noso tempo
Imaxe do cartel do faladoiro sobre Palestina en Portas Ártabras
22 Maio 2024

O xoves 23 de maio, o espazo de Portas Ártabras de Amigos dos Museos de Galicia acollerá un parladoiro coordinado polo escritor Lois Diéguez titulado 'TI, NÓS, PALESTINA'.

O evento terá lugar a partir das 20.00 horas e poderán acudir a el gratuitamente todas as persoas interesadas en participar ata completar aforo.

Neste sentido, consistirá nunha conversa participativa, reivindicativa do humanismo na sociedade do espectáculo que caracteriza o noso tempo, aporte de ideas arredor dos feitos despiadados e dramáticos que acontecen nese Oriente Fértil e orixe de civilizacións, onde mesmo naceu o Verbo, a Lei… que presupón acordos. Como punto de partida, aqueles versos de Gabriel Celaya “A poesía é unha arma cargada de futuro”.

 

Copia de Copy of Book Club Flyer_20240511_135240_0000
0.16111397743225