Alternativa dos Veciños de Bergondo pedirá no pleno da Deputación a ampliación da estrada DP- 0810

ACoruñaXa
Alternativa dos Veciños solicitará no pleno ordinario da Deputación Provincial do mes de xaneiro, que se celebrará o vindeiro día 2 de febreiro, a ampliación da estrada DP- 0810 no lugar de San Paio-Guísamo
DP- 0810 no lugar de San Paio-Guísamo
29 Jan 2024

Alternativa dos Veciños de Bergondo denuncia que despois de varios anos de trámites para a ampliación da estrada DP-0810 no lugar de San Paio-Guísamo, a día de hoxe debido a erros administrativos, segue sen abordarse a súa ampliación. Tendo esta situación en conta, e coa intención de que se poida solucionar, proporán no Pleno da Deputación do próximo 2 de febreiro que se aborden os proxectos e valoracións e se proceda á expropiación urxente e á contratación das obras.

“Apúntase como causa principal a de non ter contado cun expediente valorado dunha expropiación previa e necesaria. Na actualidade a situación segue estancada por opoñerse o propietario á entrada na súa propiedade, o que non impide á Deputación tramitar o proxecto de expropiación, utilizando imaxes vía satélite dispoñibles en internet a través de diversas aplicacións nas que se poden observar os elementos afectados como solo, peche e arbustos” apunta o Tenente de Alcalde e voceiro de Alternativa dos Veciños no Concello, Juan Fariña.

“É inadmisible que ante o perigo persistente para peóns e automobilistas se manteña a situación actual, polo que se demanda que polos servizos técnicos e sen máis dilación, se aborden os proxectos e valoracións e se proceda á expropiación urxente e á contratación das obras.

 

 

0.15110993385315