Alerta por chamadas fraudulentas que suplantan ao Concello de Culleredo para vender depuradores de auga

ACoruñaXa
O goberno local desminte calquera campaña deste tipo e pide á veciñanza que non facilite datos persoais e que avise ás autoridades se recibe o contacto
Casa_do_Concello_Culleredo
2 Mar 2026

O Concello lanzou un aviso á veciñanza tras detectar unha nova tentativa de estafa telefónica. Segundo a información recompilada nas últimas horas, varias persoas estarían a recibir chamadas nas que se lles ofrece a compra dun depurador de auga asegurando actuar 'en nome do Concello'.

Desde a administración local desmenten rotundamente esa suposta campaña comercial e lembran que o Concello non está a ofrecer este servizo nin a realizar chamadas deste tipo á cidadanía.

Ante esta situación, o Concello recomenda non achegar ningunha información persoal, bancaria nin códigos de verificación, e rematar a chamada de inmediato se se detecta presión para contratar ou facilitar datos. Ademais, aconséllase informar canto antes ás autoridades competentes para que poidan investigar os feitos.

0.13219308853149