ALAS A Coruña dispoñerá dun posto informativo LGTBI+ este sábado na praza de Lugo
No marco da campaña 'Liberdade de Ser e Sentir', impulsada pola Deputación da Coruña, ALAS A Coruña estará este sábado informando ao conxunto da cidadanía sobre a realidade da comunidade LGTBI+ en Galicia. Na carpa informativa, a poboación terá a posibilidade de expor as súas dúbidas e consultas acerca da diversidade, así como ter acceso de forma gratuíta a folletos sobre coidado da saúde sexual e materiais prolfilácticos.
A educación en diversidade tamén terá un papel destacado no posto informativo, xa que a mocidade poderá aproximarse aos dereitos da comunidade LGTBI+ a través da guía didáctica 'Os mundos de PINDI', que a asociación utiliza nas súas formacións en institutos ao longo do curso escolar, grazas ao apoio da institución provincial ao seu proxecto Dereito a Saber.
As accións de 'Liberdade de Ser e Sentir' van máis aló deste punto informativo, demostrando que o Orgullo LGTBI+ non se limita a xuño. Ao longo dos próximos meses, ALAS A Coruña organizará talleres sobre diversidade LGTBI+ en diferentes concellos da provincia adheridos á campaña, como Betanzos e San Sadurniño.