Afectacións no tráfico do ramal de incorporación á N-VI en Oleiros debido a obras

ACoruñaXa
As obras de consolidación dun muro no enlace da Vía Ártabra coa N-VI, na zona de Jardiland desenvolveranse durante as próximas tres semanas
Imaxe recurso tráfico
4 Mar 2024

A Consellería de transportes e mobilidade informa de durante as próximas tres semanas o ramal de incorporación á N-VI en Oleiros sufrirá afectacións no tráfico debido ás obras de consolidación dun muro do enlace da Vía Ártabra coa N-VI, na zona de Jardiland.

Dende o organismo da Xunta informan de que o pasado venres pola tarde, como consecuencia das intensas chuvias e da acumulación de auga, cedeu parte dun muro do enlace da Vía Ártabra coa N-VI, na zona de Jardiland e de que para a reconstrución do muro vai ser necesario afectar ao tráfico, para que se poida traballar con garantía de seguridade tanto para os traballadores como para os condutores.

Debido as obras, vai ser necesario restrinxir o tráfico no ramal de incorporación á N-VI procedente de Vía Ártabra. Así, as persoas procedentes da Vía Ártabra incorporaranse en sentido Betanzos ata o primeiro cambio de sentido en Espírito Santo a 1,4 km, nunha configuración que xa estivo funcionando así durante a execución das obras.

A Axencia Galega de Infraestruturas estiman que o muro será reconstruído en aproximadamente 3 semanas. Os técnicos xa detectaran a deformación neste muro de sostemento que se executou ao lado de Jardiland e levaban un par de días traballando na zona. Estaba sinalizado e acoutado para que os vehículos non pasasen pegados a ese punto, co fin de ofrecer as máximas garantías de seguridade na circulación. O derrube do muro produciuse nunha zona de Jardiland non aberta ao público, que se usaba de almacén. Os días previos xa se retirara a mercadoría da zona, que estaba balizada, polo que non se produciron danos.

0.2032618522644