AECOR impulsa a campaña 'O Amor está no Escaparate' polo San Valentín en Ordes

A asociación AECOR puxo en marcha desde hoxe e ata o vindeiro 16 de febreiro a campaña 'O Amor está no Escaparate', unha iniciativa coa que se busca dinamizar o comercio local de Ordes coincidindo coa celebración do Día de San Valentín.
A proposta anima á veciñanza a participar valorando os escaparates dos establecementos adheridos, todos eles decorados cunha temática vencellada ao amor. Para emitir o voto só é necesario empregar a aplicación móbil AecorClub e escanear o código QR personalizado que cada negocio terá visible no seu escaparate.
Todas as persoas maiores de idade que participen na votación entrarán automaticamente no sorteo dun vale de 150 euros, que poderá empregarse en calquera dos establecementos integrados na rede AECOR.
Ademais, o comercio que acade a mellor puntuación recibirá un diploma acreditativo enmarcado, unha media páxina de publicidade no xornal La Voz de Galicia, así como difusión nas redes sociais da asociación, incluíndo unha publicación e unha historia destacada.
A campaña está organizada por AECOR e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e do Concello de Ordes.