Abre un novo aparcamento gratuíto con 79 prazas en Arteixo, xunto á Avenida de Fisterra

ACoruñaXa
A zona de estacionamento está situada na rúa Sinforiano López e busca aliviar a presión de vehículos no centro urbano e facilitar o acceso ao comercio e á hostalaría
aparcamento-arteixo
7 May 2026

O Concello de Arteixo abriu ao público o novo aparcamento gratuíto da rúa Sinforiano López, unha actuación pensada para mellorar a mobilidade no centro urbano e dar resposta a unha demanda habitual da veciñanza, visitantes e comerciantes da zona.

O novo espazo conecta a travesía de Arteixo coa Avenida de Fisterra e conta con 79 prazas de estacionamento repartidas nunha superficie aproximada de 2.100 metros cadrados. A intervención supuxo un investimento de 82.000 euros.

O Concello logrou a cesión da parcela por parte dos seus propietarios, o que permitiu habilitar este novo recinto como aparcamento público. Nos próximos días, a actuación completarase con traballos de axardinamento nas marxes do espazo.

A administración local sinala que esta nova bolsa de estacionamento contribuirá a reducir a presión de vehículos na Avenida de Fisterra e na travesía de Arteixo, especialmente nas horas de maior afluencia.

Ademais, o aparcamento facilitará o acceso aos comercios e establecementos de hostalaría da contorna e mellorará a conexión coas industrias do polígono de Sabón. Pola súa proximidade ao Campo da Festa, tamén poderá funcionar como aparcamento disuasorio durante celebracións e eventos con alta asistencia.

0.13305497169495