Abre o prazo de inscrición para participar no XXXIV Triatlón Concello de Oleiros

ACoruñaXa
A carreira está programada para o vindeiro sábado día 25 de maio na localidade de Mera
Imaxe da Tríatlon Concello de Oleiros
Imaxe da Tríatlon Concello de Oleiros
29 abr 2024

Oleiros abre este luns as inscricións para o XXXIV Tríatlon do Concello de Oleiros. Todo osinteresados poden inscribirse na competición ata o luns 20 de maio. Para tramitar a solicitude, os deportistas poderán acceder a través da web municipal.

A organización reservará 5 prazas para triatletas das categorías Xuvenil, 5 Junior e 25 prazas para mulleres. Esta reserva manterase ata o mércores 8 de maio ás 14.00 horas.

O custo da inscrición para as persoas participantes é de 15 euros. As persoas non federadas deberán tramitar ademais a licenza temporal dun día a través da web da Federación Galega de Tríatlon. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario e xuntar o documento de protección de datos cuberto e asinado (poderán descargar na seguinte ligazón) e a copia do DNI en vigor. O abono da licenza de 1 día (20 euros adultos/ 6 euros menores de 16 anos/5 euros deportistas con licenza galega de ciclismo) farase con tarxeta bancaria a través de TPV.

A carreira está programada para o vindeiro sábado día 25 de maio, ás 16.00 horas, e como nos anos anteriores terá lugar na localidade de Mera. A saída será no parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.

Nesta proba poden participar todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon e aquelas persoas que fagan licenza dun día. Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé.