Aberto o rexistro para asistir á xornada inaugural do Atlantic Pride 2024
O festival Atlantic Pride 2024 activa o rexistro para poder acceder á súa xornada inaugural o domingo 7 de xullo na Fundación Luis Seoane. Debido á capacidade limitada do recinto, o público que desexe asistir a esta primeira velada do Atlantic Pride na Coruña debe rexistrarse no formulario habilitado na páxina web oficial do festival.
As primeiras 300 persoas rexistradas terán un lugar da lista de porta e, ese domingo, 7 de xullo, deberán chegar á Fundación Luis Seoane antes das 19.45h. Ás 20.10 horas, unha vez rematado o acceso das persoas rexistradas, se houbese baixas, abriranse as portas a todas as persoas que estea na cola ata completar a capacidade total do recinto, polo que os rexistrados "impuntuais" perderán o dereito prioritario a acceder.
Eris MacKenzie, Supremme de Luxe e EME DJ serás as figuras encargadas de facer bailar ao público de 20.00 a 00.00h neste xornada inaugural da quinta edición do Atlantic Pride. Así, unha das actuacións máis esperadas será, sen dúbida, a da drag Supremme de Luxe o domingo 7 de xullo na Fundación Luis Seoane, velada na que a diversión e a autenticidade estarán tamén servidas coa mestura de tradición, electrónica e verbena do produtor e músico galego Eris MacKenzie. Pola súa banda, as pinchadas correrá a cargo dunha das figuras máis recoñecidas da escena indie-dico-pop de toda España, EME DJ, que cheagrá ao Atlantic Pride cos seus remix de himnos, ritmos bailables e moita boa onda.
Entre o 7 e o 14 de xullo, A Coruña volverá ser a sede do ‘Orgullo do Norte’ para celebrar a quinta edición do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular. Podes consultar o programa de actividades e concertos a través da seguinte ligazón.