Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro 'Danzando en familia' en Betanzos

ACoruñaXa
O taller ofrecerá ás familias a oportunidade de conectarse a través do baile e o galego en varias datas ao longo do ano
danzando en familia
14 sep 2024

Xa está aberto o prazo para inscribirse no "Obradoiro de movemento, lingua e apego: danzando en familia", unha actividade organizada polo Concello de Betanzos en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Este obradoiro ofrece ás familias a oportunidade de conectarse a través do baile e o uso da lingua galega.

A actividade terá lugar os sábados 21 de setembro, 19 de outubro, 16 de novembro e 21 de decembro, ás 12.00 horas, na Sala de Usos Múltiples do Edificio Arquivo.

Todas as familias interesadas poderán inscribirse ata o 18 de setembro a través do formulario dispoñible en liña.

0.17652106285095