Abegondo organiza unha ruta mitolóxica no Monte do Viso en Santiago

ACoruñaXa
As persoas participantes poderán gozar, non só do propio roteiro de sendeirismo, senón tamén dunha visita guiada por esta zona histórica de Santiago de Compostela
Imaxe do Monte do Viso en Santiago de Compostela
Imaxe do Monte do Viso en Santiago de Compostela
6 mar 2024

O Concello de Abegondo organiza unha excursión a Santiago de Compostela como parte do programa Turismo Activo Abegondo. A saída consiste nunha rura de senderismo mitolóxica polo Monte do Viso e unha visita guiada polo casco histórico da capital galega.

O prazo de inscrición xa está aberto e a actividade terá lugar o domingo, 17 de marzo. Ademais, durante a mesma as persoas participantes poderán gozar, non só do propio roteiro de sendeirismo, senón tamén dunha visita guiada por esta zona histórica de Santiago.

O roteiro, de tipo circular, conta con máis de 10 km de distancia e ten unha dificultade técnica baixa.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas terán que inscribirse previamente no rexistro municipal ou na sede electrónica do Concello. Dende o Concello informan de que o custo da actividade será de 8 euros por persoa participante.