Abegondo organiza unha ruta mitolóxica no Monte do Viso en Santiago
O Concello de Abegondo organiza unha excursión a Santiago de Compostela como parte do programa Turismo Activo Abegondo. A saída consiste nunha rura de senderismo mitolóxica polo Monte do Viso e unha visita guiada polo casco histórico da capital galega.
O prazo de inscrición xa está aberto e a actividade terá lugar o domingo, 17 de marzo. Ademais, durante a mesma as persoas participantes poderán gozar, non só do propio roteiro de sendeirismo, senón tamén dunha visita guiada por esta zona histórica de Santiago.
O roteiro, de tipo circular, conta con máis de 10 km de distancia e ten unha dificultade técnica baixa.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas terán que inscribirse previamente no rexistro municipal ou na sede electrónica do Concello. Dende o Concello informan de que o custo da actividade será de 8 euros por persoa participante.