Abegondo manterá a numeración actual das vivendas no seu proceso de dixitalización

ACoruñaXa
O alcalde decide conservar a numeración tradicional tras analizar as alegacións e consultar cos técnicos municipais
Imaxe recurso do número dun portal
9 sep 2024

O Concello de Abegondo decidiu conservar a numeración actual das vivendas dentro do seu proxecto de dixitalización. Tras unha reunión entre o alcalde, José Antonio Santiso, a consultora encargada do servizo e os técnicos municipais, concluíuse que non haberá cambios nos números nin nas entidades de poboación tradicionais do municipio.

Durante o encontro, revisáronse as alegacións presentadas polos veciños no prazo de exposición pública, que se ampliou ata o 31 de agosto para recoller a maior cantidade de valoracións. A consultora propuxo modificacións baseadas na coexistencia de núcleos que pertencen a máis dunha parroquia ou en discrepancias entre o nomenclátor da Xunta e o Plan Xeral, pero finalmente optouse por manter a numeración orixinal.

Para os casos que o requiran, implementaranse solucións como engadir letras aos números xa existentes. O Concello tamén entregará placas de metacrilato aos veciños para que sinalen a numeración dixital nas súas vivendas.

O rueiro dixital xeorreferenciado de Abegondo integrarase coas bases de datos de xestión territorial e estará dispoñible para aplicacións como Google Maps.

0.063629865646362