Abegondo inicia a súa oferta formativa de setembro cun taller de enxertos en árbores froiteiras

ACoruñaXa
O curso desenvolverase entre o luns 9 e o xoves 12 de setembro
Cartel do Taller de Enxerto das Árbores Froiteiras
3 sep 2024

O Concello de Abegondo inicia a súa oferta formativa do mes de setembro cun taller de enxerto de árbores froiteiras.

O curso terá lugar na aula da Natureza de Abegondo, situada na parroquia de Crendes, entre o luns 9 e o xoves 12 de setembro, en horario de 19:30 a 21:40 horas. Durante estes catro días de formación, as persoas asistentes aprenderán a enxertar árbores froiteiras para que produzan froitos sans.

Fixarase un custo de 25 euros por persoa, e a formación conta con prazas limitadas, polo que as persoas interesadas poderán tramitar o seu reserva chamando ao teléfono 618 740 561.

Desde o goberno local fan un convite ás veciñas e veciños “a participar nunha actividade coa que coñecer de primeira man como obter as mellores froitas e deste xeito poder gozar duns hábitos de vida máis saudables a través do autoconsumo”.

0.16772818565369