Abegondo convoca este xoves unha reunión cos Concellos afectados pola AP-9 para reclamar melloras

ACoruñaXa
O encontro analizará actualizacións catastrais, bonificacións para residentes e atrasos no cobro do IBI
Abegondo Xuntanza AP9 2
23 Out 2024

O Concello de Abegondo organiza mañá, xoves 24 de outubro, unha reunión que reunirá os Concellos galegos afectados polo paso da AP-9. O encontro, que terá lugar na Casa do Concello de Abegondo ás 13:00, será só para gráficos, e ao seu termo atenderase aos medios.

O alcalde, José Antonio Santiso, convocou esta xuntanza coa finalidade de impulsar unha acción conxunta que beneficie aos municipios das provincias da Coruña e Pontevedra polos que discorre esta infraestrutura. Entre os temas que se tratarán atópanse a reclamación da actualización catastral da AP-9, a implantación de bonificacións para os residentes, como as que existen no País Vasco, Cataluña e Valencia, e a reclamación de atrasos no cobro do IBI. Ao encontro asistirá o equipo xurídico dun despacho especializado na materia.

0.12002515792847